lunes, 8 de mayo de 2017

Principios para outra Avaliación

J. garcía Blas sinala que a avaliación é o elemento máis inmovilista de todos cuantos conforman o sistema educativo. Blas describe A avaliación como parte do proceso de aprender fronte a unha avaliación como unha colección de feitos puntuais, que teñen unha finalidade sancionadora ou certificadora.

Para que avaliamos en educación.
As avaliacións de final de curso chegan tarde. Para que serven os boletíns e as actas como parte máis concreta da avaliación? Para alimentar a versión máis tecnócrata do ensino: reconto e clasificación.
A avaliación en educación debería perseguir un único obxectivo: Mellorar a aprendizaxe dos/as alumnos/as.Unha avaliación que mira só cara ao alumno é unha avaliación viciada.


O exame como único modelo de avaliación é un tremendo erro. Simplemente non obedece ao fin principal da avaliación: mellorar a aprendizaxe do alumnado. E non o fai, na mellor das intencións, en ningún dos ámbitos de mellora que podería facelo:
Ao non producir feedback durante o proceso, non axuda aos alumnos a aprender.
Ao constituírse como un elemento illado do propio proceso de aprendizaxe, non axuda aos mestres para mellorar o ensino.
NON implica, de maneira directa, a asignación de recursos (que supostamente axudarían a mellorar a educación) naqueles centros ou contextos cuxas medicións queden por baixo de media estipulada.

accede ao artigo completo no seguinte enlace:

evaluacion-como-parte-del-aprendizaje

No hay comentarios:

Publicar un comentario