sábado, 5 de marzo de 2016

Como introducir a Meditación na vida dos teus fillos, fillas

Desde esta entrada Belén Piñeiro nos ensina a utilizar técnicas para desenvolver a Educación Emocional na casa cos fillos, fillas. Sinala que para ter unha sesión de Mindfulness na casa non fan falta moitos materiais nin coñecementos .
Explica os benficios da respiración diafragmática : conduce a unha persoa que está nun estado mental alterado, no que predomina o instinto de loita ou fuga e de alerta máxima, a un estado de calma onde a frecuencia cardíaca é máis lenta a presión arterial diminúe, aumenta a provisión de osíxeno ao cerebro e estimula o sistema nervioso parasimpático, promovendo un estado de calma.

Captura de pantalla 2016-01-28 a las 19.12.25
por iso a Meditación é tan potente. Beneficios:
Será máis responsable das súas emocións, da súa vida e da súa felicidade.
Quererase máis a si mesmo, mesma.
Terá menos ansiedade e menos estrés
Durmirá mellor
Será menos impulsivo
Terá máis autoestima e máis seguridade e confianza en si mesmo
Poderase concentrar mellor ao ser capaz de enfocar a súa atención cara ao que desexa.
Mellorara o seu rendemento académico.
Mellorará as súas relacións sociais.
Mellorará o seu sistema inmunolóxico. 

Propón unha serie de exercicos entre eles:
rescdotado sobre unha uperficie cómoda e plana. 
dille que coloque sobre o ventre as súas mans entrelazadas ou un obxecto lixeiro,como un peluche ou un coxín. as mans ou obxecto deben subir a medida que inhala o aire e deben baixar mentras exhala o aire lentamente durante un período de varios segundos. inhale pola nariz exhale pola boca repetir 15 ou 20 veces.


accede a máis exercicos no seu blog:    maestradecorazon.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario